2/11/13

PREMIOS SAMAÍN 2013

PREMIOS DE CABAZAS:
Zaira González Lorenzo de 1ºA
Clara Rial Pereira de 1º B
Cecilia Barreiro Pinto de 1º C

PREMIOS DE LENDAS E RELATOS DE MEDO E MISTERIO
Sabela Rodríguez Lemos de 2º ESO
Joana González Figueiredo de 3º ESO
Laura Pascual Blach de 4º ESO

María Pérez Cedeira de 2º BACH

30/5/13

Murais e Pósteres Vidal Bolaño

LETRAS GALEGAS 2013

Grazas ao equipo técnico (Javier, Joel, Diego,Samuel), aos presentadores(Abraham Carneiro, Abraham Rodríguez), ás presentadoras (María, Ángela e Carla), ás reporteiras gráficas (Carla e Jéssica),aos actores e actrices, aos músicos, aos/ás guionistas e equipo de montaxe de vídeos, áos e ás recitadores/as e a todo o público. Sen todas e todos vós nada disto sería posible! Mil primaveras máis para a lingua galega. Con vós é posible!

9/1/13

NADAL 2012

Aquí vos deixamos unha escolma da vosa participación nas actividades do Nadal. Grazas a todos por participar.
Moita sorte e moito galego para o 2013!!!

16/11/12

Magosto 2012

Un ano máis celebramos o magosto no Primeiro de Marzo con entretidos xogos populares, organizados polo Ciclo de Animación sociocultural e concurso gastronómico, convocado polo Equipo de Normalización Lingüística.
A creatividade innovadora, combinada  co coñecemento da tradición, deu como resultado uns exquisitos pratos da máis selecta cociña e  uns moi divertidos e participativos xogos.
Outra vez: GRAZAS POLO VOSO ENTUSIASMO E GANAS DE DIVERTIR e DIVERTIRSE.

O magosto en vídeo e en directo

5/11/12

O Samaín no Primeiro de Marzo

Así se celebrou o Samaín no Primeiro de Marzo, grazas ás persoas do Ciclo de Animación Sociocultural, que organizaron un obradoiro de cabazas e ambientaron o centro para a ocasión.
Houbo representación teatral, divertida entrega de premios e creativos deseños de cabazas, feitos polos imaxinativos alumnos e alumnas que se animaron a participar.
GRAZAS A TODOS E TODAS!

O Equipo de dinamización Lingüística convocou un concurso de cabazas no que se valoraban: o traballo, a orixinalidade, a creatividade e o interese pola reciclaxe. Todas as cabazas eran merecedoras deste premio pola ilusión con que se fixeron, pero o xurado tivo que escoller catro de entre todas as que se presentaron. Os premiados e premiadas foron:

1º PREMIO: Sofía Blach de 1º ESO
2º PREMIO: José Antonio Blanco de 1º ESO
3º PREMIO: Sabela Rodríguez de  1º ESO
4º PREMIO: Sarai Durán de 1º ESO

PARABÉNS!

22/5/12

16/11/11

MÚSICA EN GALEGO

Neste blog podedes atopar música en galego, ademais paga a pena ler a dedicatoria da 1ª entrada.
http://musicaengalego.blogspot.com/