17/5/09

OS MELLORES RELATOS DA LITERATURA GALEGA

1. 02.00 AM CEMITERIO DE ELEFANTES. Fran Alonso

2. Bull & Mignonne. ERROS E TÁNATOS. Gonzalo Navaza

3. BIANCA. Concha Blanco

4. A ollada de Miguel. CASAS BARATAS. Antón Riveiro Coello

5. Lucinda. XENTE NO RODICIO. Xosé Neira Vilas

6. O neno suicida. DOS ARQUIVOS DO TRASNO. Rafael Dieste

7. Os homes e a noite. O CREPÚSCULOS E AS FORMIGAS. Méndez Ferrín

8. De compras. POLAROID. Suso de Toro

9. ¡Sentinela, alerta!¡SENTINELA, ALERTA! Mª Xosé Queizán

10. Un millón de vacas. UN MILLÓN DE VACAS. Manuel Rivas

11. Nin en soños vou perder a miña lingua. MADE IN GALIZA. Séchu Sende

12. Sabela. RETRINCOS. Castelao

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Haberia que coñecer o criterio de decisión e os electores destes libros de relatos.
"os mellores relatos da literatura galega..." é moi categórico. Con todo coincido con varios deles.

Anónimo dijo...

Moi bos relatos

Tania Rodríguez Braga 1º B Bachillerato. dijo...

O meu voto vai dirixido ao relato Sentinela Alerta! de María Xosé Queizán. Os motivos da miña elección foron a expresividade e dureza sentimental deste relato.
Trátase dun texto que na miña opinión, penetra intensamente no lector debido ao ámbito de represión, tristeza, inxustiza e angustia no cal se desenvolve.
Ese continuo "Sentinela Alerta" "Alerta está" que está presente en todo o relato é unha das formas de atraer a atención a ese ambiente antes citado. No relato obsérvase como as accións dunha soa persoa, neste caso de don Fermín poden corromper todo o mundo que o rodea: o cárcere e a súa propia casa; dous lugares aparentemente distintos pero que están en realidade baixo a mesma forza represiva de don Fermín. Non obstante, o interesante do texto non é so isto, senón a outra cara da moeda: o home homosexual, a filla e a muller de don Fermín. Adquire un papel importante a filla, que sendo tan só unha nena ten que sufrir as consecuencias dos actos do seu pai e estas, quedarán marcadas no seu interior tal vez para sempre.



Tania.

Tere Lillo dijo...

A selección de relatos correu a cargo do Departamento de Lingua e Literatura Galega, polo tanto o único criterio: a proposta persoal das profesoras que pertenceron ao departamento neste curso e no pasado. Aínda que na escolla tivéronse en conta outros criterios para ofrecer diversidade temática, propostas de autores que formasen parte de épocas distintas, autores diversos...
Claro que é pretencioso intentar aglutinar os relatos baixo ese título "Os mellores relatos da Literatura Galega", pero a finalidade é ofrecer unha proposta, dar a coñecer e o que é máis importante, ler.
O importante é participar.
Moitas grazas.