O venres 11 de novembro foi a festa do Magosto. Estivo realmente divertida con tódolos xogos que organizou a xente do Ciclo de Animación Sociocultural. Houbo dende futbolín humano ata concurso de construción de casas con carulos de millo, ademais das tradicionais carreiras de sacos, encestar a castaña ou comer a mazá pendurada dun fío. O éxito de participación foi tal que se esgotaron as mazás e case, case as ricas castañas asadas.
Por se os xogos foran poucos, houbo tamén un rotundo éxito de participación no concurso gastronómico convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística. Boa proba disto está nas fotos que podedes ver nesta presentación.
Grazas a todas e todos por colaborar.
15/11/11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario