13/4/09

Deporte Galego

deporte galego


Se che interesa este tema, pica na imaxe e despois en "ver presentación".

11/3/09

Comentarios á visita de Anxo Fariña

Para ver estes comentarios, vai á seguinte ligazón coa biblioteca do centro:
biblioprimeirodemarzo.blogspot.com

CHARLA CON ANXO FARIÑA

O día 27 de febreiro tivemos a sorte de contar co escritor e ilustrador Anxo Fariña, que nos contou dunha maneira moi amena como é o proceso creativo dun ilustrador dende que concibe a idea ata que a fai realidade.

Esta é unha pequena reseña da súa biografía:


Naceu en Vigo en 1977.
Licenciado en Belas Artes.
Comezou a súa carreira como deseñador, actividade que aínda realiza e que, nos últimos anos, os seus esforzos están centrados no seu labor de ilustrador, escritor e director de arte.
Acompaña estas profesións co labor educativo en obradoiros ou conferencias sobre creatividade para profesionais. Responsable das campañas de promoción da lectura 'Creando personaxes con Anxo Fariña' e 'Graffiti e letras'.
Creador das coleccións 'Don Quixote e Breogán', 'Antón e Pompón', ¡Os Megatoxos' e 'Os Pelelliños' leva escrito e ilustrado arredor dos 30 volumes de literatura infantil e xuvenil.
Para el o máis importante é a creatividade, e esta pode estar en moitas partes, e por iso gusta de experimentar en moitos campos da creación.
Incluso en conferencias e obradoiros.


Agradecémoslle a Anxo Fariña a súa presenza no noso centro e que nos permitise ser partícipes das súas experiencias.

Para ver imaxes desta actividade, fai clic nesta fotografía

Anxo Fariña

3/3/09

VARIEDADE DE IDIOMAS, VARIEDADE DE CULTURAS

Porque pensamos como Castelao que "a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas , é o signo distintivo da nosa especie" e que"a superioridade non está no idioma que se fala; está no que se sabe, no que se di e no que se fai" presentámosvos este traballo sobre unha lingua e cultura diferentes á nosa , pero que como a nosa representa unha riqueza cultural incalculable.


O Turco

GRAFFITI AUTÓCTONO

GALERÍA DE FOTOS DE CURSOS ANTERIORES

Se ides ao apartado do blogue que aparece co título desta entrada (mirade na columna da dereita, a seguir dos enlaces) , atoparedes fotografías de moitas das actividades que se realizaron ao longo do curso que seleccionedes. De momento só están as do 2006/07, pero irán aparecendo máis.

CINE GALEGO E EN GALEGO

O cine galego ten unha difícil subsistencia e non precisamente por falta de ideas nin de bos actores e actrices, senón polas implacables leis do mercado e a absolutamente desigual competencia do cine norteamericano. A pesar disto, hai interesantes propostas que podedes ver recollidas neste traballo de Natalia Estévez Benítez.
Se picas enriba da imaxe, podes ver unha presentación do traballo.

Peliculas en Galicia. Por Natalia Estévez Benítez

28/2/09

FOTOGRAFÍAS ENTROIDO 2009

Picando enriba da fotografía que está de tapa do álbum, poderás ver outras moitas imaxes da festa de entroido. Foi divertida!
Entroido

23/2/09

USAMOS A LINGUA

Aquí tedes algúns traballos que fixeron este curso as alumnas e alumnos de 1º de ESO e uns murais que elaboraron alumnos/as de 1º de Bacharelato no curso 2006/07.
Se escribides algún texto literario, científico ou xornalístico e queredes compartilo cos demais, falade coas profesoras de galego(Cruz, Tere, Manola ou Paz).
Ao picar na portada, podes ver o resto dos traballos.
Traballos feitos polas alumnas/os sobre a lingua

Traballos 1º ESO

ACTIVIDADES DE DIFERENTES DEPARTAMENTOS

Este ano levades realizado moitas actidades interesantes. Gustaríanos que deixásedes a vosa opinión sobre elas nesta entrada. Podedes comentar que vos pareceron as obras de teatro que fostes ver co profesorado do Departamento de Castelán(picade na fotografía para ver os carteis anunciadores.Tedes unha ligazón para ir ao seu blog), a saída para ver os petroglifos organizada polo Departamento de Sociais(da que podedes ver fotos no seu blogue)ou a celebración do Entroido no centro.
E falando doutros Departamentos ¿Entrastes no blogue de Tecnoloxía? Se non o fixestes aínda, entrade! Xunto con outros temas realmente interesantes,aparece información,por exemplo, de como poder crear curtos en galego.
Animámosvos tamén a que deades unha volta polo blogue da Biblioteca, onde podedes ler comentarios e ver fotografías da primeira reunión do Club de Lectura Lerias.
ALGUNHAS DAS REPRESENTACIÓNS TEATRAIS CURSO 2009

CAMPAÑA DE LIMPEZA

O alumnado do Ciclo de Animación sociocultural levou a cabo un interesante labor de concienciación do importante que é manter limpo o noso entorno a través dun obradoiro e da proxección dun vídeo protagonizado por eles/elas mesmos/as. Se clicas enriba da fotografía, podes ver algúns dos carteis que elaborastes para colaborar nesa campaña.
Campaña de limpeza Ciclo

22/2/09

ENTROIDO 2009

Picando na foto verás os murais que se presentaron ao concurso de cartaces de Entroido. En próximas entradas aparecerán as fotografías da festa de entroido e do concurso de comparsas. Noraboa a tódolos participantes !

2009 entroido

9/2/09

PRACTICANDO RAFTING














Unha das actividades que se realizaron este curso foi rafting
¿Animádesvos a practicalo vendo estas fotos?

8/2/09

PARA QUE SEXA MÁIS DOADO ESCRIBIR EN GALEGO

Tedes unha serie de correctores, tradutores e dicionarios que vos poden resolver as posibles dúbidas que poidades ter á hora de escribir calquera tipo de texto na nosa lingua. Para coñecelos e instalalos, picade nos seguintes enderezos:
http://sli.uvigo.es/corrector/
http://www.mancomun.org/
http://www.mancomun.org/openoffice.org-en-galego.html

http://www.imaxin.com/ficha.asp?IDproxecto=30

http://digalego.com/

http://www.realacademiagalega.org/volga/

http://sli.uvigo.es/CLIG/index.html

3/2/09

VIVA O TEATRO!

REPRESENTACIÓNS TEATRAIS 2009
Como somos moitas as persoas que gozamos do teatro e temos claro que todas e todos actuamos en certa medida na nosa vida cotiá ¿Por que non facelo nun escenario? Con esta intención e, sobre todo coa finalidade de divertirse, un grupo de alumnas e alumnos do centro imos empezar a ensaiar dúas obras de teatro para representalas en datas próximas ás Letras Galegas, xunto con outras actividades das que xa falaremos.
A obra que vai representar o alumnado de 1º de ESO é A historia xamais contada de Brancaneves e o rei Artur e a que están a ensaiar alumnas e alumnos de 2º de bacharelato e 3º de ESO é Lingua bífida de Núñez Singala.

REPARTO DE COMEDIA BÍFIDA


  • Anxo Rodríguez - Eliseu

  • Jesús Pilarte- empresario

  • Javier Rodríguez- S. Pedro

  • Lorena Rodríguez -Arcanxo

  • Andrea Baqueiro- Luci

  • Martín Silva -voz e of

  • Marco Ferrete- ourensán

  • Ana González- ourensá

  • David Fontán -coruñés

  • Montse Misa- lucense

  • Denisse Estévez- Lina

  • Cela Ochoa- Lana

  • Iria Lores- Diña

  • Eva Pérez- amiga

  • Jesús Longueira -anxo

  • Eva Vernet- anxo

  • Jacobo González-anxo

E como membros do xurado e presentadoras/es: Eva Fernández , Beatriz González, Martín Silva, Ana González e Uria Caneda.

Equipo técnico: Óscar González, Daniel Rodríguez, Adrián González e José Manuel Fernández.

Ademais contamos cun importante equipo para preparar a posta en escena e os decorados do que xa falaremos.

27/1/09

BICOS CON LINGUA

O vintedous de xaneiro, o alumnado de 2º de Bacharelato e 4ºPDC asistiu á representación teatral do grupo Talía teatro, Bicos con lingua, no auditorio Lois Tobío de Gondomar.
A obra tenta desmontar unha serie de tópicos, que aínda están vixentes, sobre a situación sociolingüística galega. Ademais de resultar entretida, poida que conseguise espertar unha faísca de motivación para falar en galego nalgunha das persoas asistentes xa que unha alumna comentou á saída: "gustaríame falar sempre en galego, pero é tan difícil facelo". Razón non lle falta, a presión non é pouca. Ánimo e adiante todas e todos os que pensades como ela!

22/12/08

UN BO AGASALLO: MÚSICA GALEGA

Se che gusta escoitar música, proba a escoitala en galego. Tes de todo: rap, rock, folck, pop...Haina realmente boa. podes comprobalo picando nas seguintes ligazóns:

http://www.kastoma.com/
http://diosketecrew.com/
http://www.thehomens.com/
www.osonoromaxin.com

REGALOS EN GALEGO

Se queres facer un agasallo este Nadal, lembra que pode ser en galego! Na ligazón

http://centros.edu.xunta.es/cpivicenteoterovalcarcel/galeria/thumbnails.php?album=7

atoparás varias propostas para regalar e un modelo de carta para escribir aos Reis Magos na nosa lingua. Imprímea para os teus irmáns/ás pequenos/as. Seguro que lles gusta e aos Reis Magos tamén...Disque son partidarios da diversidade lingüística!

7/12/08

¿ANÍMASTE CO XADREZ?

Se che gusta este deporte ou sentes curiosidade por saber algo máis de xadrez no Val Miñor, visita este blog. Podes contactar co Club de Xadrez Laroca no enderezo de correo electrónico
agustinalva@gmail.com

CULTURGAL 2008

Entre o 4 e o 8 de decembro, celebrouse na Coruña a segunda edición de Culturgal , Feira galega de Industrias culturais.

Houbo: presentacións de novidades editoriais e musicais en galego , actividades teatrais, obradoiros, foros como o Letras Vivas para fomentar o achegamento á lectura dunha forma divertida, actividades para a dinamización lingüística, información sobre empresas de novas tecnoloxías que poden colaborar na difusión do galego nas actividades culturais, etc.

Pasaron polo Culturgal uns 50 esritores e escritoras. Entre as novidades que máis nos chamaron a atención, salientamos:

FRAN ALONSO, Un país a medio facer (ensaio sobre os cambios experimentados pola cultura galega nos últimos vinte anos)

MARILAR ALEIXANDRE, A Cabeza de Medusa (novela que fala de amor, amizade, resistencia ao medo e á vergoña a partir do tema da violación e as súas repercusións)

MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ, O xardín das pedras flotantes (novela que relata unha historia de amor de dous adolescentes, marcada por unha historia que parte da Idade Media e chega á actualidade)

GALLAECIA, (Banda deseñada)


Estas son só algunhas das novidades, neste caso, editadas por Xerais e Urco Editora, no caso da banda deseñada. Pero eran moi interesantes tamén as propostas de editoriais como Galaxia, Rinoceronte, Sotelo Blanco, KalandraKa, Everest, Novagalicia, Faktoria K, do Cumio, Consorcio, Espiral Maior, Positivas,Tambre, etc. Xa comentaremos algunhas delas en novas entradas do blog.

Ademais destas actividades relacionadas coa lectura, houbo outras propostas relacionadas coa música do máis atractivas e interesantes. Estas pecháronse cun apoteósico concerto onde se escoitou musica de todo tipo, ademais de dúas novidosas presentacións de espectáculo poético realizadas por Yolanda Castaño e Estíbaliz Espinosa.

Actuaron:

Dios Ke te Crew(hip hop)
Marful
O sonoro Maxín
Projecto Mourente
The Homens
Proxecto Zocas


Se queredes escoitar e coñecer a música dalgún destes grupos, visitade as seguintes páxinas web:

http://diosketecrew.com/

http://www.thehomens.com/

www.osonoromaxin.com

29/11/08

TEATRO







TEATRO











OUTRAS FOTOS TEATRO




FOTOS TEATRO












TEATRO

Estas son algunhas imaxes da obra de teatro representada o curso pasado pasado polas alumnas e alumnos que naquel momento estaban en segundo da ESO, dirixidas/os pola profesora Manola .
Este ano tentaremos preparar a representación de dúas obras, unha delas vai ser Comedia bífida de Núñez Singala. Se vos animades a participar, falade coas profesoras de galego. Pode ser divertido regalar arte!

VOTAR MARCAPÁXINAS

No enderezo que figura nesta entrada podedes votar cal é o marcapáxinas que máis vos gusta dos que se presentaron ao concurso organizado na biblioteca . O que sexa seleccionado será o modelo que se utilice para acompañar as vosas lecturas.

Tédelo difícil, son realmente bos!


http://biblioprimeirodemarzo.blogspot.com/

21/11/08

FEITO A MAN

Desde o hoxe está exposta no corredor dos departamentos unha maqueta dunha casa tradicional galega construída por Anxo Rodríguez Lemos. A nosa felicitación por tan esmerado traballo. Noraboa. Aquí podedes ver unhas fotos:
Foto1
Foto2
Foto3
Foto4
Foto5

19/11/08

Concurso de Podcast

Aquí podes escoitar o podcast co que Anxo de 3º ESO participou no concurso da AS-PG. Para a súa elaboración contou co apoio técnico e o asesoramento musical do profesor de Música Óscar Galende.

15/11/08

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡IMOS COCIÑAR!!!!!!!!!









Aquí tedes unhas magníficas receitas para o outono. Se queredes lelas, picade enriba.

CONCURSO GASTRONÓMICO

1º Premio: Aida (2º Bacharelato)
Queixada outonal

2º Premio: Zaira e Alba (1º ESO)
Torta de améndoa

3º premio: Uria (4º ESO)
Pudin de castaña

Accésit: Sabela e Laura (1º ESO)
Torta de noz

CONCURSO DE CARTEIS

1ºCiclo:
1ºpremio: Alba, Zaira, Sabela e Laura
2ºpremio: Benjamín, Iago e Alejandro
3ºpremio: Cristian, Yoel e Manuel

2º Ciclo:
1º-Anxo
2ºUria

Bacharelato:
1ºXavier, Lorena e Ana


¡Adiante coa vosa imaxinación e inquedanza artística! ¡Que non decaian as ideas orixinais e o esforzo por dálas a coñecer! Sempre paga a pena.

PREMIOS SAMAÍN E MAGOSTO

Grazas a todas e todos pola vosa colaboración nas actividades e noraboa ás gañadoras e gañadores.

CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN:

1º -Alejandro Matos

2º-Joshua Rodríguez

3º-Brais Durán

Para ver fotografías pica aquí

12/11/08

PEQUENA HOMENAXE A UN ESCRITOR

O Equipo de Normalización Lingüística do IES Primeiro de Marzo

A POESÍA ESCRÍBESE CON DOR

RAMIRO FONTE, UN DOS GRANDES ESCRITORES GALEGOS
DESDE A POSTGUERRA, FALECEU O 12 DE OUTUBRO DE 2008.

Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, Fonte deuse a coñecer como poeta no grupo Cravo Fondo a finais dos anos setenta, e en 1983 publicou o seu primeiro libro: As cidades da nada.Posteriormente seguíronlle outros títulos como: Designium (1984), Pensar na tempestade (1986), Pasa un segredo (1988), As lúas suburbanas (1991), Adeus norte (1991), Luz do mediodía (1995), Persoas de amor (1995), O cazador de libros (1997), Mínima moralidade (1998), Capitán Inverno (1999) e A rocha dos proscritos (2001).Membro da Real Academia Galega, exercía como director do Instituto Cervantes de Lisboa desde 2005, e obtivera o Premio da Crítica Galicia e Premio Losada Diéguez en 1984, o Premio da Crítica Española en 1989, e o premio Esquío 1991 polo seu libro Adeus Norte. Fonte contaba cunha importante obra narrativa, aínda que é máis coñecido pola súa produción poética, pola que recibiu importantes recoñecementos.

BIOGRAFÍA DUN RECORDO

Xa os ollos do poeta son distintos
a aqueles que, nun marzo ben lonxano,
abriran o seu libro con ávidas entregas.
Xa nada nos pertence daquel tempo;
Envelleceron todas as palabras
ou hai quizais algunha que soa no instrumento
da nostalxia como unha nota xusta,
unha apreta que aínda nos decide?
Ás veces pensaremos que o inverno aínda semella
ser aquel que pasara con folerpas e noites
un pouco ensarilladas, nas que lemos
uns versos que falaban de lugares
secretos, acendidos,
ós que sempre quixemos retornar.
Agora que xa ninguén espera
tralas esquinas doces do recordo,
temos nas mans un monllo de palabras espidas,
algo que son paxaros vulnerados,
mollados pola auga das mañás choviñentas,
apretados á dor das albas frías,
mais pagan, certamente, co seu prezo aquel tempo
que nos tocou desvivir un pouco a todos.

Pasa un segredo

DOA DA TERRA

Dílles que te quería.
Sabíao a cerdeira que dá flor en abril
e a touliña que volve ás nosas praias
coa súa lenda efémera de rumbos.
Mais nunca comprendín esa xenreira
que preme o corazón das túas xentes;
que ofrece fel cando se pide auga,
acedo pan cando unha voz se pide.
Dílles que te quería.
Cantas veces, no soño
paseo eses lugares nos que medrou un día
a inmemorial nostalxia dos invernos
como medran os nenos coa caída dos meses.
De vagar deime ó mundo, inutilmente,
Coa propensión que os homes van urdindo
ós costumes do esquezo. Pero dilles
que te quería, nai, que te quería.

11/11/08

¡MÁIS MURAIS!

Uria Caneda Comesaña 4ºESOManuel, Cristian, Yoel 1º ESO

Benjamín Vidal, Iago Martínez, Alejandro Matos 1º ESO




MAGOSTO 2008

Anxo Rodríguez Lemos 3º ESO










Ana González Miniño, Lorena Rodríguez Fernández e Xavier Rodríguez García
2º BACH

¡Grazas por participar!

9/11/08

FESTEXANDO A NOSA CULTURA POPULAR

Axiña aparecerán as fotografías das actividades do Samaín: obradoiro de cabazas e túnel do terror. Grazas pola vosa participación na elaboración das terroríficas cabazas.

Lembrade que este luns, 10 de novembro, remata o prazo para entregar os carteis ou presentacións sobre o Magosto. ¡Participade, é moito máis interesante e divertido!

Se queredes presentar algún saboroso prato con produtos propios desta época no concurso gastronómico, non esquezades traer escrita a receita da forma máis artística que se vos ocorra.

13/10/08

CONVOCATORIA DE REUNIÓN

O próximo xoves , 16 de outubro , reunímonos ás 12.05 na aula 12 para falar das actividades do Samaín e Magosto. ¡Non faltes!

23/9/08

MOBILÍZATE

MOBILÍZATE é o certame de vídeos que se organizou por primeira vez no curso 2007/08.

Este ano esperamos que volvades participar. En breve, poderedes ver aquí algúns dos presentados o ano pasado. Eran realmente bos!. A ver se sodes capaces de superalos, ou.. cando menos, igualalos. Animádevos, xa vos falaremos dos prazos de entrega.





5/9/08

Comezamos o curso

Xa comeza o novo curso 2008-2009 esperamos que este ano colaboredes co equipo tanto ou máis que o anterior. Saúdos