12/3/10
POEMAS MUSICADOS
Se aínda vos queda un anaquiño libre no tempo da vosa vida cotiá, sería interesante e moi pracenteiro que escoitásedes o poema de Manuel María, A fala, musicado por Roi Casal. Aparece no seguinte enderezo:http://sondepoetas.blogspot.com/
4/3/10
PEPE CARBALLUDE
Por Inés Pereira Bugarín, 3º ESO A.
O pasado venres dia 26 de febreiro, o escritor Pepe Carballude, visitou o noso instituto para falarnos sobre as súas obras literarias e vida.
A conferencia comezou coa presentacion do autor, por dúas compañeiras de 2º de Bacharelato. Estas informáronnos dos detalles máis importantes da vida deste: naceu na Vila de Rubín, na Estrada, onde estudou os primeiros anos da súa vida antes de marchar interno para un instituto en Ourense. Ao rematar o COU matriculouse en Filoloxía Clásica onde aprendeu unha chea de cousas que lle serviron para impartir clases nun instituto de Badaxoz. Aínda así, non conforme co que sabía, sacou aquel mesmo ano agregadurías de Latín. Despois dun par de anos, comezou a escribir e presentouse ao 2º Concurso Do Barco De Vapor, no que quedou finalista co libro O deus desaparecido. Desde aquela escribiu diversas obras infantís e xuvenís: Xograres dun tempo novo, Os enredos de Olalla, SOS, A fraga misteriosa, ¡Maldito DNI!, Andrea quere ser maior, Investigación 091, Andainas de Pedro Chosco...
Rematada a presentación e debido a que nós, os alumnos de 3º da ESO, e os de 2º de Bacharelato leramos Xograres dun tempo novo e ¡Maldito DNI! respectivamente, o autor centrouse nestas dúas obras. Contounos que Xograres dun tempo novo era unha que comezara a escribir porque o tema das Misións Pedagóxicas lle parecera un tema moi nobre e por honrar a todas esas mulleres que estaban detrás dos grandes escritores, pintores... dos grandes intelectuais da época, que estaban aí apoiando e axudando en todo o que estaba nas súas mans.
¡Maldito DNI! nacera polo sentimento de opresión que tivera daquela un amigo do autor, unha idea ao principio disparatada, pero que consegue converterse nunha grande historia.
Para rematar, pediunos que todo aquel que tivera unha pregunta a fixera, que sería contestada o mellor posible.
A impresión que levei, e non dubido que moitos dos meus compañeiros, é que é unha persoa moi aberta e que intenta sentirse preto dos que o estamos a escoitar, probablemente pola súa condición de profesor nun instituto.
AS MISIÓNS PEDAGÓXICAS
Por David Valverde Cabaleiro, 3º ESO B
As Misións Pedagóxicas naceron en 1931 como unha firme iniciativa do goberno da Segunda República para intentar democratizar a educación, nunha sociedade que tiña con baixos niveis de escolarización, até ese momento, a máis de medio millón de nenos e nenas, e para a erradicación do analfabetismo, un dos retos máis ambiciosos que marcaba a súa política social.
A finalidade era estender polo medio rural a cultura e os medios necesarios para adquirila, sempre coa axuda necesaria de estudantes e profesores integrantes das misións pedagóxicas.
A actividade que recolle o Decreto, publicado na Gaceta de Madrid o día 30 de maio de 1931 -apenas mes e medio despois de instaurar o novo Réxime- pretendía desenvolverse en tres áreas diferentes:
En primeiro lugar, o fomento da cultura xeral mediante o establecemento de bibliotecas populares, fixas ou itinerantes, onde se organizaran lecturas e conferencias públicas, audicións de música e exposicións de coleccións de pintura e sesións de cine con intención educativa.
En segundo lugar, a orientación pedagóxica das escolas existentes, organizando visitas aos centros e celebrando Semanas ou Quincenas pedagóxicas, excursións cos mestres e o alumnado para amosarlles a utilidade educativa.
E, por último, a educación cidadá, celebrando reunións onde se afirmaran os principios democráticos, acompañados de conferencias e lecturas nas que se explicara á xente diversas cuestións relacionadas coas estruturasdo Estado, a divulgación cívica e a participación na actividade política en xeral.
As Misións Pedagóxicas foron a pique no 1936, coa Guerra Civil.
18/1/10
UNHA ENTRADA LINGUISTICAMENTE INTERESANTE
Respecto, Tolerancia, Sintonía... Esas son as claves!
Recollemos desde o Blogue da Biblioteca do C.E.I.P. Frian - Teis este Decálogo, resultado (magnífico) dunha triple aportación: por unha banda, o Decálogo elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, co gallo do Ano Internacional das Linguas, proclamado pola O.N.U.; por outra, a tradución da nosa compañeira do PLAMBE, Adelia Troncoso, do IES Val de Tea; por último, a maquetación, obra de Mónica Muñoz, coordinadora da Biblioteca do CEIP Frián.

14/1/10
CONCURSOS DO MAGOSTO
Grazas a todas e todos por aportar a vosa imaxinación, habilidade artística e culinaria a esta celebración.
Os traballos gañadores do Concurso de carteis nesta edición foron:
1º ciclo: Benxamín e Alejandro de 2º C
2º ciclo: Anxo Lemos de 4º ESO
Bacharelato:Patricia Pérez, Patricia Pereira, Verónica Barra e Débora Cruz de 2º Bacharelato
Os doces premiados no Concurso gastronómico foron os que seguen:
1º ESO- Carla Domínguez: Chocolate con noces
2º ESO- Tarta de cenorias- María Rodríguez
Tarta do pai Pío- Javier Gómez Senra

20/12/09
FESTINA LENTE-VOCABULARIO
14/12/09
Vocabulario do libro de lectura : Festina lente de Marcos. S. Calveiro
Ola: para facilitarvos o traballo de lectura e comprensión do libro Festina lente para a segunda avaliación, fágovos chegar un listado de palabras co seu correspondente significado textual. Algunhas son moi técnicas e específicas deses gremios, de aí a miña contribución.
Grazas.
Tere Lillo
Grazas.
Tere Lillo
29/10/09
Lerias 17
Ola a todas e todos
Xa estamos aquí de novo, un ano máis con toda a ilusión.
Para ver a revista do curso pasado 08/09, picade nos enlaces que seguen.
Portada
Contraportada-1 Contraportada-2 Contraportada-3
Páxina-1 Páxina-2 Páxina-3 Páxina-4 Páxina-5
Páxina-6 Páxina-7 Páxina-8 Páxina-9 Páxina-10
Páxina-11 Páxina-12 Páxina-13 Páxina-14 Páxina-15
Páxina-16 Páxina-17 Páxina-18 Páxina-19 Páxina-20
Páxina-21 Páxina-22 Páxina-23 Páxina-24 Páxina-25
Páxina-26 Páxina-27 Páxina-28 Páxina-29 Páxina-30
Páxina-31 Páxina-32 Páxina-33 Páxina-34 Páxina-35
Páxina-36 Páxina-37 Páxina-38 Páxina-39 Páxina-40

20/5/09
Lerias 17 xa está no forno
Ésta a piques de saír do prelo a revista anual do centro.
Xa podes ver aquí algunha das páxinas:
páxina Lerias 17
páxina Lerias 17
páxina Lerias 17
páxina Lerias 17
páxina Lerias 17
Xa podes ver aquí algunha das páxinas:
páxina Lerias 17
páxina Lerias 17
páxina Lerias 17
páxina Lerias 17
páxina Lerias 17
17/5/09
OS MELLORES RELATOS DA LITERATURA GALEGA
1. 02.00 AM CEMITERIO DE ELEFANTES. Fran Alonso
2. Bull & Mignonne. ERROS E TÁNATOS. Gonzalo Navaza
3. BIANCA. Concha Blanco
4. A ollada de Miguel. CASAS BARATAS. Antón Riveiro Coello
5. Lucinda. XENTE NO RODICIO. Xosé Neira Vilas
6. O neno suicida. DOS ARQUIVOS DO TRASNO. Rafael Dieste
7. Os homes e a noite. O CREPÚSCULOS E AS FORMIGAS. Méndez Ferrín
8. De compras. POLAROID. Suso de Toro
9. ¡Sentinela, alerta!¡SENTINELA, ALERTA! Mª Xosé Queizán
10. Un millón de vacas. UN MILLÓN DE VACAS. Manuel Rivas
11. Nin en soños vou perder a miña lingua. MADE IN GALIZA. Séchu Sende
12. Sabela. RETRINCOS. Castelao

28/4/09
Letras Galegas 2009
Preme aquí para ver cartaces anunciadores das representacións teatrais que vai haber os días 27 e 28 de maio, a partir das 12 da mañá.
19/4/09
Maqueta da páxina para revista Lerias17
Para gravalo no disco do teu computador, segue o enlace ata ver o ficheiro "maqueta.pub" pica nel co botón dereito do rato e selecciona "Guardar destino como..." e escolle onde queres gardalo:
http://groups.google.com/group/maquetalerias17/files?hl=es&upload=1
http://groups.google.com/group/maquetalerias17/files?hl=es&upload=1
13/4/09
11/3/09
Comentarios á visita de Anxo Fariña
Para ver estes comentarios, vai á seguinte ligazón coa biblioteca do centro:
biblioprimeirodemarzo.blogspot.com
biblioprimeirodemarzo.blogspot.com
CHARLA CON ANXO FARIÑA
O día 27 de febreiro tivemos a sorte de contar co escritor e ilustrador Anxo Fariña, que nos contou dunha maneira moi amena como é o proceso creativo dun ilustrador dende que concibe a idea ata que a fai realidade.
Esta é unha pequena reseña da súa biografía:
Naceu en Vigo en 1977.
Licenciado en Belas Artes.
Comezou a súa carreira como deseñador, actividade que aínda realiza e que, nos últimos anos, os seus esforzos están centrados no seu labor de ilustrador, escritor e director de arte.
Acompaña estas profesións co labor educativo en obradoiros ou conferencias sobre creatividade para profesionais. Responsable das campañas de promoción da lectura 'Creando personaxes con Anxo Fariña' e 'Graffiti e letras'.
Creador das coleccións 'Don Quixote e Breogán', 'Antón e Pompón', ¡Os Megatoxos' e 'Os Pelelliños' leva escrito e ilustrado arredor dos 30 volumes de literatura infantil e xuvenil.
Para el o máis importante é a creatividade, e esta pode estar en moitas partes, e por iso gusta de experimentar en moitos campos da creación.
Incluso en conferencias e obradoiros.
Agradecémoslle a Anxo Fariña a súa presenza no noso centro e que nos permitise ser partícipes das súas experiencias.
Para ver imaxes desta actividade, fai clic nesta fotografía

![]() |
| Anxo Fariña |
3/3/09
VARIEDADE DE IDIOMAS, VARIEDADE DE CULTURAS
Porque pensamos como Castelao que "a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas , é o signo distintivo da nosa especie" e que"a superioridade non está no idioma que se fala; está no que se sabe, no que se di e no que se fai" presentámosvos este traballo sobre unha lingua e cultura diferentes á nosa , pero que como a nosa representa unha riqueza cultural incalculable.
![]() |
| O Turco |
GALERÍA DE FOTOS DE CURSOS ANTERIORES
Se ides ao apartado do blogue que aparece co título desta entrada (mirade na columna da dereita, a seguir dos enlaces) , atoparedes fotografías de moitas das actividades que se realizaron ao longo do curso que seleccionedes. De momento só están as do 2006/07, pero irán aparecendo máis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)