Grazas pola vosa participación en tódalas actividades: facendo música, actuando, maquillando,facendo decorados, quitando fotos,controlando o equipo de son e luces,abrindo e pechando o pano,recitando, bailando, presentado,colocando e retirando decorados, etc. Todas e todos fostes igual de importantes e grazas ao voso esforzo e entusiasmo foi posible o que en parte se recolle nestas fotografías.
GRAZAS!!!
20/6/11
13/3/11
!"$%& ENTROIDO 2011 &%$¡
Un ano máis celebramos o entroido co tradicional concurso de coplas e comparsas. A festa estivo moi animada e o sentido do ridículo perdeu a batalla fronte á imaxinación e alegría de tódolos participantes.
Tal e como se aprecia nas fotos, este ano o xurado non o tivo doado para decidir os/as premiados/premiadas.
Tal e como se aprecia nas fotos, este ano o xurado non o tivo doado para decidir os/as premiados/premiadas.
5/3/11
Paula Carballeira no IES Primeiro de Marzo
O xoves 3 de marzo estivo no noso centro a actriz e escritora Paula Carballeira. A actividade estivo organizada polo Club de lectura Lerias, o Equipo de Normalización Lingüística, a biblioteca do centro e o Departamento de Galego. Tedes fotos e máis información no blogue do Club de lectura
22/2/11
Entroido 2011 en proceso
Xa está aquí o entroido e a xente do Ciclo de Animación Sociocultural está preparada para animar a festa e facer que compartamos bos momentos liberando a tensión acumulada ao longo deste trimestre.
Para axudarvos coas comparsas, os disfraces, a letra e a música das coplas, podedes achegarvos polo anexo da cafetería e a aula do ciclo.
Animádevos a participar. Só hai que ter ganas de pasalo ben e botarlle un pouco de imaxinación.

15/2/11
Videoconferencia na biblioteca do IES
O luns día 14 tivo lugar na biblioteca unha interesante videoconferencia con Alfonso Zapico. Tes toda a información no blogue do Club de Lectura Lerias.
18/12/10
Felicita o Nadal en galego
Un ano máis o ENL organiza a campaña "Felicita o Nadal en galego". Con estas fotos desexámosvos un bo nadal e feliz aninovo.
2/12/10
Para unha camiseta gañar, nas actividades tes que participar!!!
O ENL fixo unhas camisetas cos deseños gañadores do concurso do ano pasado. Para conseguir unha, participa nas distintas actividades e concursos que o ENL organiza ao longo do curso.
26/11/10
Se queres un plan xenial : ¡¡Esta fin de semana o CULTURGAL!!
A Feira das Industrias Culturais galegas abre mañá no Pazo da Cultura de Pontevedra como o gran fogar da cultural galega, coas portas e ventás abertas para toda a sociedade. Constitúe un espazo de construción colectiva con todas as súas estancias -o salón, o patio, o faiado, a recámara, o cuarto dos nenos e os corredores- cheas de música, literatura, creación audiovisual, artes escénicas, deseño e novas tecnoloxías; unha mostra da unión sectorial e da solidez profesional da nosa cultura. Con horario de 11h a 21h e de acceso gratuíto, ata o domingo 28 ofrecerá a posibilidade de gozar de máis de 150 horas de actividades programadas. Máis información en: http://www.culturgal.com/
23/11/10
Manda castaña co magosto deste ano
O alumnado do Ciclo de Animación sociocultural organizou variadas actividades botándolle boas doses de imaxinación e traballando duro.E ¿Que me decides do concurso gastronómico? Basta botarlle unha ollada ás fotos da exhuberante mesa con todo tipo de receitas a base de produtos de outono para comprobar que hai un prometedor futuro para a boa restauración en Baiona. E de deseñadoras/es e artistas tampouco andamos nada mal. Presentáronse atractivos carteis para anunciar a festa do magosto. Parabéns para quen gañou no concurso de carteis e gastronómico e grazas a todas e todos aqueles que participastes nos concursos e colaborastes tanto a asar as castañas como nas brigadas de limpeza.
13/11/10
¿Dáche medo ler?
O club de Lectura Lerias propuxo dous libros en galego coa licantropía como tema: “O lobishome de Candeán” de Paula Carballeira e “Pel de lobo” de Xosé Miranda. Podes ler opinións dos libros e ver algunha foto dos debates no seu blogue: http://clubdelecturalerias.blogspot.com/ . ¡¡Estache o Primeiro de Marzo que mete medo!!.
7/11/10
¡/¡/¡ Samaín \!\!\!
Abofé que este ano polo Samaín os do Ciclo foron quen de meternos o medo no corpo
4 de novembro - Día da Ciencia e a tecnoloxia en Galego
Varios departamentos de ciencias organizaron esta magnífica exposición. Parabéns!!!
Tedes máis información no blogue de Tecnoloxía. Non deixedes de ver o video.
Tedes máis información no blogue de Tecnoloxía. Non deixedes de ver o video.
19/10/10
Letras Galegas 2010
Ola a todos e a todas
Xa está aquí a primeira entrada deste curso.
Dende o Equipo de Normalización esperamos a vosa participación nas actividades que contamos organizar.
Aquí quedan as fotos das actividades das Letras Galegas 2010

10/6/10
1/5/10
ENTROIDO 2010 - MÁIS VALE TARDE CA NUNCA!!!!
Cantando coplas en galego ¡¡ Que ben o pasamos !! e que ricas as filloas ...!!!!!!!!!!
26/4/10
O ROTEIRO DA PRAIA DOS AFOGADOS
A Editorial GALAXIA invitounos o pasado xoves 22 de abril a percorrer os espazos reais nos que transcorren os feitos ficticios relatados polo escritor Domingo Villar no seu libro A PRAIA DOS AFOGADOS.
Coincidimos no n
oso itinerario cun grupo de alumnado procedente de Boiro do Instituto de Secundaria Praia Barraña, que fixo que compartísemos a experiencia dunha maneira máis enriquecedora e amena.
Acompañounos Ana, unha profesional das Artes Escénicas, que motivaba a participación de todo o grupo e a inmersión na trama novelística, facendo que asumisen papeis dos personaxes do libro, facendo fincapé nas súas características e nos seus perfís máis salientables. Non había dato que se nos pasase por alto.
Guiounos ata a Igrexa Votiva de Panxón, obra do arquitecto Antonio Palacios.
A seguir, faltábanos o máis didáctico, o encontro con Xosé Lois Vilar:
arqueólogo, historiador, escritor, conferenciante... implicado en todo tipo de actividades, e coma sempre, xeneroso co seu tempo, e gran divulgador, que nunca rexeita ningunha invitación. Levounos polo contorno de Monteferro e explicounos a toponimia e a talasonimia de toda a zona, explicounos as motivacións dos nomes e a necesidade de respectalos e valorizalos, sen que sufran ningunha deturpación porque pertencen ao noso patrimonio cultural e inmaterial, e polo tanto de incalculable valor

Fotos da excursión :
http://picasaweb.google.com/enlprimeirodemarzo09/RoteiroDaPraiaDosAfogados#
Suscribirse a:
Entradas (Atom)