A Editorial
GALAXIA invitounos o pasado xoves 22 de abril a percorrer os espazos reais nos que transcorren os feitos ficticios relatados polo escritor
Domingo Villar no seu libro
A PRAIA DOS AFOGADOS. Coincidimos no n

oso itinerario cun grupo de alumnado procedente de Boiro do Instituto de Secundaria Praia Barraña, que fixo que compartísemos a experiencia dunha maneira máis enriquecedora e amena.
Acompañounos Ana, unha profesional das Artes Escénicas, que motivaba a participación de todo o grupo e a inmersión na trama novelística, facendo que asumisen papeis dos personaxes do libro, facendo fincapé nas súas características e nos seus perfís máis salientables. Non había dato que se nos pasase por alto.
Guiounos ata a Igrexa Votiva de Panxón, obra do arquitecto Antonio Palacios.
A seguir, faltábanos o máis didáctico, o encontro con
Xosé Lois Vilar: 
arqueólogo, historiador, escritor, conferenciante... implicado en todo tipo de actividades, e coma sempre, xeneroso co seu tempo, e gran divulgador, que nunca rexeita ningunha invitación. Levounos polo contorno de Monteferro e explicounos a toponimia e a talasonimia de toda a zona, explicounos as motivacións dos nomes e a necesidade de respectalos e valorizalos, sen que sufran ningunha deturpación porque pertencen ao noso patrimonio cultural e inmaterial, e polo tanto de incalculable valor

Fotos da excursión :
http://picasaweb.google.com/enlprimeirodemarzo09/RoteiroDaPraiaDosAfogados#
No hay comentarios:
Publicar un comentario