30/5/13
LETRAS GALEGAS 2013
Grazas ao equipo técnico (Javier, Joel, Diego,Samuel), aos presentadores(Abraham Carneiro, Abraham Rodríguez), ás presentadoras (María, Ángela e Carla), ás reporteiras gráficas (Carla e Jéssica),aos actores e actrices, aos músicos, aos/ás guionistas e equipo de montaxe de vídeos, áos e ás recitadores/as e a todo o público. Sen todas e todos vós nada disto sería posible!
Mil primaveras máis para a lingua galega. Con vós é posible!
9/1/13
NADAL 2012
Aquí vos deixamos unha escolma da vosa participación nas actividades do Nadal. Grazas a todos por participar.
Moita sorte e moito galego para o 2013!!!
Moita sorte e moito galego para o 2013!!!
13/12/12
16/11/12
Magosto 2012
Un ano máis celebramos o magosto no Primeiro de Marzo con entretidos xogos populares, organizados polo Ciclo de Animación sociocultural e concurso gastronómico, convocado polo Equipo de Normalización Lingüística.
A creatividade innovadora, combinada co coñecemento da tradición, deu como resultado uns exquisitos pratos da máis selecta cociña e uns moi divertidos e participativos xogos.
Outra vez: GRAZAS POLO VOSO ENTUSIASMO E GANAS DE DIVERTIR e DIVERTIRSE.

5/11/12
O Samaín no Primeiro de Marzo
Así se celebrou o Samaín no Primeiro de Marzo, grazas ás persoas do Ciclo de Animación Sociocultural, que organizaron un obradoiro de cabazas e ambientaron o centro para a ocasión.
Houbo representación teatral, divertida entrega de premios e creativos deseños de cabazas, feitos polos imaxinativos alumnos e alumnas que se animaron a participar.
GRAZAS A TODOS E TODAS!
O Equipo de dinamización Lingüística convocou un concurso de cabazas no que se valoraban: o traballo, a orixinalidade, a creatividade e o interese pola reciclaxe. Todas as cabazas eran merecedoras deste premio pola ilusión con que se fixeron, pero o xurado tivo que escoller catro de entre todas as que se presentaron. Os premiados e premiadas foron:
1º PREMIO: Sofía Blach de 1º ESO
2º PREMIO: José Antonio Blanco de 1º ESO
3º PREMIO: Sabela Rodríguez de 1º ESO
4º PREMIO: Sarai Durán de 1º ESO
PARABÉNS!

22/5/12
16/11/11
MÚSICA EN GALEGO
Neste blog podedes atopar música en galego, ademais paga a pena ler a dedicatoria da 1ª entrada.
http://musicaengalego.blogspot.com/
http://musicaengalego.blogspot.com/
15/11/11
PREMIOS CONCURSO GASTRONÓMICO
Entre todos os magníficos pratos presentados, o xurado decidiu premiar a tres alumnas/os de 1º de ESO:
1º Premio: Améndoas e noces de Marta Pombal.
2º Premio Torta de noces, presentada por Uxía Teruel González.
3º Premio: Empanada de mazá de Alejandro Giráldez Álvarez.
Nunha das próximas entradas publicaremos o segredo das súas receitas, de momento aquí van máis fotos do Magosto.

MAGOSTO 2011
O venres 11 de novembro foi a festa do Magosto. Estivo realmente divertida con tódolos xogos que organizou a xente do Ciclo de Animación Sociocultural. Houbo dende futbolín humano ata concurso de construción de casas con carulos de millo, ademais das tradicionais carreiras de sacos, encestar a castaña ou comer a mazá pendurada dun fío. O éxito de participación foi tal que se esgotaron as mazás e case, case as ricas castañas asadas.
Por se os xogos foran poucos, houbo tamén un rotundo éxito de participación no concurso gastronómico convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística. Boa proba disto está nas fotos que podedes ver nesta presentación.
Grazas a todas e todos por colaborar.

28/10/11
23/6/11
Actividades Letras Galegas 2011
Grazas pola vosa participación en tódalas actividades: facendo música, actuando, maquillando,facendo decorados, quitando fotos,controlando o equipo de son e luces,abrindo e pechando o pano,recitando, bailando, presentado,colocando e retirando decorados, etc. Todas e todos fostes igual de importantes e grazas ao voso esforzo e entusiasmo foi posible o que en parte se recolle nestas fotografías.
GRAZAS!!!
GRAZAS!!!
20/6/11
Suscribirse a:
Entradas (Atom)