22/12/08

UN BO AGASALLO: MÚSICA GALEGA

Se che gusta escoitar música, proba a escoitala en galego. Tes de todo: rap, rock, folck, pop...Haina realmente boa. podes comprobalo picando nas seguintes ligazóns:

http://www.kastoma.com/
http://diosketecrew.com/
http://www.thehomens.com/
www.osonoromaxin.com

REGALOS EN GALEGO

Se queres facer un agasallo este Nadal, lembra que pode ser en galego! Na ligazón

http://centros.edu.xunta.es/cpivicenteoterovalcarcel/galeria/thumbnails.php?album=7

atoparás varias propostas para regalar e un modelo de carta para escribir aos Reis Magos na nosa lingua. Imprímea para os teus irmáns/ás pequenos/as. Seguro que lles gusta e aos Reis Magos tamén...Disque son partidarios da diversidade lingüística!

7/12/08

¿ANÍMASTE CO XADREZ?

Se che gusta este deporte ou sentes curiosidade por saber algo máis de xadrez no Val Miñor, visita este blog. Podes contactar co Club de Xadrez Laroca no enderezo de correo electrónico
agustinalva@gmail.com

CULTURGAL 2008

Entre o 4 e o 8 de decembro, celebrouse na Coruña a segunda edición de Culturgal , Feira galega de Industrias culturais.

Houbo: presentacións de novidades editoriais e musicais en galego , actividades teatrais, obradoiros, foros como o Letras Vivas para fomentar o achegamento á lectura dunha forma divertida, actividades para a dinamización lingüística, información sobre empresas de novas tecnoloxías que poden colaborar na difusión do galego nas actividades culturais, etc.

Pasaron polo Culturgal uns 50 esritores e escritoras. Entre as novidades que máis nos chamaron a atención, salientamos:

FRAN ALONSO, Un país a medio facer (ensaio sobre os cambios experimentados pola cultura galega nos últimos vinte anos)

MARILAR ALEIXANDRE, A Cabeza de Medusa (novela que fala de amor, amizade, resistencia ao medo e á vergoña a partir do tema da violación e as súas repercusións)

MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ, O xardín das pedras flotantes (novela que relata unha historia de amor de dous adolescentes, marcada por unha historia que parte da Idade Media e chega á actualidade)

GALLAECIA, (Banda deseñada)


Estas son só algunhas das novidades, neste caso, editadas por Xerais e Urco Editora, no caso da banda deseñada. Pero eran moi interesantes tamén as propostas de editoriais como Galaxia, Rinoceronte, Sotelo Blanco, KalandraKa, Everest, Novagalicia, Faktoria K, do Cumio, Consorcio, Espiral Maior, Positivas,Tambre, etc. Xa comentaremos algunhas delas en novas entradas do blog.

Ademais destas actividades relacionadas coa lectura, houbo outras propostas relacionadas coa música do máis atractivas e interesantes. Estas pecháronse cun apoteósico concerto onde se escoitou musica de todo tipo, ademais de dúas novidosas presentacións de espectáculo poético realizadas por Yolanda Castaño e Estíbaliz Espinosa.

Actuaron:

Dios Ke te Crew(hip hop)
Marful
O sonoro Maxín
Projecto Mourente
The Homens
Proxecto Zocas


Se queredes escoitar e coñecer a música dalgún destes grupos, visitade as seguintes páxinas web:

http://diosketecrew.com/

http://www.thehomens.com/

www.osonoromaxin.com