16/11/12

Magosto 2012

Un ano máis celebramos o magosto no Primeiro de Marzo con entretidos xogos populares, organizados polo Ciclo de Animación sociocultural e concurso gastronómico, convocado polo Equipo de Normalización Lingüística.
A creatividade innovadora, combinada  co coñecemento da tradición, deu como resultado uns exquisitos pratos da máis selecta cociña e  uns moi divertidos e participativos xogos.
Outra vez: GRAZAS POLO VOSO ENTUSIASMO E GANAS DE DIVERTIR e DIVERTIRSE.

O magosto en vídeo e en directo

5/11/12

O Samaín no Primeiro de Marzo

Así se celebrou o Samaín no Primeiro de Marzo, grazas ás persoas do Ciclo de Animación Sociocultural, que organizaron un obradoiro de cabazas e ambientaron o centro para a ocasión.
Houbo representación teatral, divertida entrega de premios e creativos deseños de cabazas, feitos polos imaxinativos alumnos e alumnas que se animaron a participar.
GRAZAS A TODOS E TODAS!

O Equipo de dinamización Lingüística convocou un concurso de cabazas no que se valoraban: o traballo, a orixinalidade, a creatividade e o interese pola reciclaxe. Todas as cabazas eran merecedoras deste premio pola ilusión con que se fixeron, pero o xurado tivo que escoller catro de entre todas as que se presentaron. Os premiados e premiadas foron:

1º PREMIO: Sofía Blach de 1º ESO
2º PREMIO: José Antonio Blanco de 1º ESO
3º PREMIO: Sabela Rodríguez de  1º ESO
4º PREMIO: Sarai Durán de 1º ESO

PARABÉNS!

22/5/12