16/11/11

MÚSICA EN GALEGO

Neste blog podedes atopar música en galego, ademais paga a pena ler a dedicatoria da 1ª entrada.
http://musicaengalego.blogspot.com/

15/11/11

PREMIOS CONCURSO GASTRONÓMICO

Entre todos os magníficos pratos presentados, o xurado decidiu premiar a tres alumnas/os de 1º de ESO:
1º Premio: Améndoas e noces de Marta Pombal.
2º Premio Torta de noces, presentada por Uxía Teruel González.
3º Premio: Empanada de mazá de Alejandro Giráldez Álvarez.
Nunha das próximas entradas publicaremos o segredo das súas receitas, de momento aquí van máis fotos do Magosto.

MAGOSTO 2011

O venres 11 de novembro foi a festa do Magosto. Estivo realmente divertida  con tódolos xogos que organizou a xente do Ciclo de Animación Sociocultural. Houbo dende futbolín humano ata concurso de construción de casas con carulos de millo, ademais das tradicionais carreiras de sacos, encestar a castaña ou comer a mazá pendurada dun fío. O éxito de participación foi tal que se esgotaron as mazás e case, case as ricas castañas asadas.
Por se os xogos foran poucos, houbo tamén un rotundo éxito de participación no concurso gastronómico convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística. Boa proba disto está nas fotos que podedes ver nesta presentación.
Grazas a todas e todos por colaborar.

28/10/11

SAMAÍN 2011

Grazas por ter participado da festa de reivindicación da nosa cultura popular e ,en especial, parabéns ás persoas do Ciclo de Animación Sociocultural que traballaron arreo para que o venres 28 de 0utubro fose un día especial no instituto.

23/6/11

Actividades Letras Galegas 2011

Grazas pola vosa participación en tódalas actividades: facendo música, actuando, maquillando,facendo decorados, quitando fotos,controlando o equipo de son e luces,abrindo e pechando o pano,recitando, bailando, presentado,colocando e retirando decorados, etc. Todas e todos fostes igual de importantes e grazas ao voso esforzo e entusiasmo foi posible o que en parte se recolle nestas fotografías.
GRAZAS!!!


13/3/11

!"$%& ENTROIDO 2011 &%$¡

Un ano máis celebramos o entroido co tradicional concurso de coplas e comparsas. A festa estivo moi animada e o sentido do ridículo perdeu a batalla fronte á imaxinación e alegría de tódolos participantes.
Tal e como se aprecia nas fotos, este ano o xurado non o tivo doado para decidir os/as premiados/premiadas.

5/3/11

Paula Carballeira no IES Primeiro de Marzo

O xoves 3 de marzo estivo no noso centro a actriz e escritora Paula Carballeira. A actividade estivo organizada polo Club de lectura Lerias, o Equipo de Normalización Lingüística, a biblioteca do centro e o Departamento de Galego. Tedes fotos e máis información no blogue do Club de lectura

22/2/11

Entroido 2011 en proceso

Xa está aquí o entroido e a xente do Ciclo de Animación Sociocultural está preparada para animar a festa e facer que compartamos bos momentos liberando a tensión acumulada ao longo deste trimestre.
Para axudarvos coas comparsas, os disfraces, a letra e a música das coplas, podedes achegarvos polo anexo da cafetería e a aula do ciclo.
Animádevos a participar. Só hai que ter ganas de pasalo ben e botarlle un pouco de imaxinación.

15/2/11

Videoconferencia na biblioteca do IES

O luns día 14 tivo lugar na biblioteca unha interesante videoconferencia con Alfonso Zapico. Tes toda a información no blogue do Club de Lectura Lerias.