27/1/09

BICOS CON LINGUA

O vintedous de xaneiro, o alumnado de 2º de Bacharelato e 4ºPDC asistiu á representación teatral do grupo Talía teatro, Bicos con lingua, no auditorio Lois Tobío de Gondomar.
A obra tenta desmontar unha serie de tópicos, que aínda están vixentes, sobre a situación sociolingüística galega. Ademais de resultar entretida, poida que conseguise espertar unha faísca de motivación para falar en galego nalgunha das persoas asistentes xa que unha alumna comentou á saída: "gustaríame falar sempre en galego, pero é tan difícil facelo". Razón non lle falta, a presión non é pouca. Ánimo e adiante todas e todos os que pensades como ela!