27/1/09

BICOS CON LINGUA

O vintedous de xaneiro, o alumnado de 2º de Bacharelato e 4ºPDC asistiu á representación teatral do grupo Talía teatro, Bicos con lingua, no auditorio Lois Tobío de Gondomar.
A obra tenta desmontar unha serie de tópicos, que aínda están vixentes, sobre a situación sociolingüística galega. Ademais de resultar entretida, poida que conseguise espertar unha faísca de motivación para falar en galego nalgunha das persoas asistentes xa que unha alumna comentou á saída: "gustaríame falar sempre en galego, pero é tan difícil facelo". Razón non lle falta, a presión non é pouca. Ánimo e adiante todas e todos os que pensades como ela!

5 comentarios:

Eva Fernandez 2ºa bach dijo...

A obra pareceume moi entretida e divertida, ademais nos ensinaba que o uso do galego é importante para que a lingua non desapareza.

Beatriz González Pérez dijo...

Na miña opinión a obra de teatro
" Bicos con lingua " representa dunha maneira fiel a situación actual do galego . A representación da obra foi moi amena e as explicacións dos fenómenos sociolingüísticos aparecían mesturados coa trama da mesma , polo tanto non resultaba aburrido .
Os actores eran versátiles e moi cómicos aínda que na miña opinión o decorado era demasiado sinxelo . A pesares de tratar un tema tan difícil como é a sociolingüística eu penso que mediante os exemplos que os nos propuxeron , agora todos entendemos un pouco mellor a situación na que se atopa a nosa lingua .

Montserrat Misa Durán dijo...

A obra pareceume moi interesante porque reivindica o uso do galego dunha forma divertida e mostra o galego que se fala na rúa, non normativizado. Penso que desperta máis entusiasmo entre os xóvenes así que o galego normativizado.

Ana González dijo...

Esta obra foi moi entretida e amena á vez que divertida. A min, particularmente, encantoume. Fai unha parodia dos falantes, en xeral, do galego. Miras a realidade dende outro punto de vista moi cómico.

Anónimo dijo...

O día 22 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato e 4º de E.S.O acudimos ao auditorio de Gondomar a ver a obra de teatro "Bicos con Lingua", interpretada polos actores Toño Casais e Artur Trillo.
É unha divertida comedia na que se fala da situación sociolingüística de Galicia, o bilingüismo existente na Comunidade Galega á vez que se produce un desprazamento do uso do noso idioma nalgúns ámbitos, un problema realmente preocupante.
Parodian este conflito facendo referencia a algunhas situacións como é o uso do castelán cos propios fillos, cando a lingua habitual que falan é o galego; a negativa dun funcionario ante un home que quería cambiar o seu nome ao galego; e remata no ano 2075 coa morte do galego e dos seus últimos falantes. Estas historias ademais de moitas outras.
Moi divertida coa que todos rimos e aprendemos, a todo aquel que teña a oportunidade de vela, non o dubides!


Denisse Estévez González
2º Bach. A