11/3/09

Comentarios á visita de Anxo Fariña

Para ver estes comentarios, vai á seguinte ligazón coa biblioteca do centro:
biblioprimeirodemarzo.blogspot.com

CHARLA CON ANXO FARIÑA

O día 27 de febreiro tivemos a sorte de contar co escritor e ilustrador Anxo Fariña, que nos contou dunha maneira moi amena como é o proceso creativo dun ilustrador dende que concibe a idea ata que a fai realidade.

Esta é unha pequena reseña da súa biografía:


Naceu en Vigo en 1977.
Licenciado en Belas Artes.
Comezou a súa carreira como deseñador, actividade que aínda realiza e que, nos últimos anos, os seus esforzos están centrados no seu labor de ilustrador, escritor e director de arte.
Acompaña estas profesións co labor educativo en obradoiros ou conferencias sobre creatividade para profesionais. Responsable das campañas de promoción da lectura 'Creando personaxes con Anxo Fariña' e 'Graffiti e letras'.
Creador das coleccións 'Don Quixote e Breogán', 'Antón e Pompón', ¡Os Megatoxos' e 'Os Pelelliños' leva escrito e ilustrado arredor dos 30 volumes de literatura infantil e xuvenil.
Para el o máis importante é a creatividade, e esta pode estar en moitas partes, e por iso gusta de experimentar en moitos campos da creación.
Incluso en conferencias e obradoiros.


Agradecémoslle a Anxo Fariña a súa presenza no noso centro e que nos permitise ser partícipes das súas experiencias.

Para ver imaxes desta actividade, fai clic nesta fotografía

Anxo Fariña

3/3/09

VARIEDADE DE IDIOMAS, VARIEDADE DE CULTURAS

Porque pensamos como Castelao que "a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas , é o signo distintivo da nosa especie" e que"a superioridade non está no idioma que se fala; está no que se sabe, no que se di e no que se fai" presentámosvos este traballo sobre unha lingua e cultura diferentes á nosa , pero que como a nosa representa unha riqueza cultural incalculable.


O Turco

GRAFFITI AUTÓCTONO

GALERÍA DE FOTOS DE CURSOS ANTERIORES

Se ides ao apartado do blogue que aparece co título desta entrada (mirade na columna da dereita, a seguir dos enlaces) , atoparedes fotografías de moitas das actividades que se realizaron ao longo do curso que seleccionedes. De momento só están as do 2006/07, pero irán aparecendo máis.

CINE GALEGO E EN GALEGO

O cine galego ten unha difícil subsistencia e non precisamente por falta de ideas nin de bos actores e actrices, senón polas implacables leis do mercado e a absolutamente desigual competencia do cine norteamericano. A pesar disto, hai interesantes propostas que podedes ver recollidas neste traballo de Natalia Estévez Benítez.
Se picas enriba da imaxe, podes ver unha presentación do traballo.

Peliculas en Galicia. Por Natalia Estévez Benítez